PORTADA>>>
   
   
 

6 OLLADAS:
Os Peregrinos
AQUÍ PODES VER O VÍDEO Tes dúas posibilidades de descarga según a túa liña:
CONEXIÓN LENTA

CONEXIÓN RÁPIDA
Necesitas Real Player para ver o trailer.
Se non o tes descargao aquí...

Tras percorre-lo camiño, un peregrino chega a Santiago. Coa súa cámara tenta captar o máis esencial do que que ve. Pero no seu traxecto non só recolle as imaxes do presente, senon que a cámara tamén capta documentos de outra época, fotos antigas, personaxes históricos ou lendarios.
Imaxes dun pasado que, dalgún xeito, aínda están presentes no momento actual como se formasen parte del aínda que non se puidesen percibir a simple vista. A cámara revelaos. Así é a sinopse de "Os Peregrinos", a particular ollada do cineasta Xavier Bermúdez sobre a esencia de Santiago dentro do programa "Seis olladas de Compostela" que reune a outros tantos realizadores ó redor
dun proxecto audiovisual impulsado por CANAL + para simbolizar a súa adhesión o nomeamento de Santiago como Capital Cultural.

"OS PEREGRINOS" 10'15"
Dirección e Guión:Xabier Bermúdez
Producción:Pilar Pérez
Dir. Fotografía: David Azcano
Axudante de Dirección: Julia Sieiro
Axudantes de producción: José Bustos / Carmen Sara
Axudante de Cámara: Marta García
Postproducción : Ángel García
Técnico de Son: Andrés Arena
Sonorización e misturas: Pilar Pérez
Grafismo: Pilar Torrente
Editora AVID: Esmeralda López
Vestiario: Sonia Salvador
Maquillaxe: Ana Muíño
Música orixinal: BIOS
Actores: Francis Lorenzo / Neréa Barros

O peregrino, encarnado polo actor Francis Lorenzo, chega ó cumio do Monte do Gozo e divisa Santiago, a meta final. Ó chegar á cidade avanza polas rúas, os Cuncheiros, a Rúa de San Pedro, a Porta do Camiño, a Praza de Cervantes, a Acibechería... Ate chegar á catedral. O realizador ourensán Xavier Bermúdez tenta axudar a descubrir Compostela, como a cidade construída, como un faro ó final dos camiños da historia.
A música orixinal de "Os Peregrinos" está composta polos músicos ourensáns Maxo Nóvoa e Coché Villanueva, antigos compoñentes do grupo "Os Biosbardos" que agora se xuntan como grupo en "BIOS". Estes veteráns músicos foron responsables xa anteriormente da banda sonora da longametraxe "NENA" do mesmo realizador, Xavier Bermúdez, que volveu a contar con eles para esta particular "ollada" sobre Compostela.

O realizador
Xavier Bermúdez naceu en Ourense en 1951 e comezou o seu traballo no audovisual nos anos setenta, realizando cutrametraxes e guións.Ten colaborado en medios coma Radio3, "La Tarde de Madrid", o suplemento cultural de "El Mundo", "La esfera", "Ajoblanco", "Archipiélago" e en TVE.
A súa primeira longametraxe "Luz Negra" viu a luz en 1992 e cadaou premios no Festival Internacional de Gijón e no de Alcalá de Henares. En 1994 fundou na Coruña a productora Xamalú Films, coa que realizaría a súa segunda longametraxe, "Nena" en 1997, que tamén acadou un premio no Festival de Alcalá de Henares e participou nos festivais internacionais de Mar da Plata e Chicago Latino. Ten participado nos guións da películas "Retrato de mujer con hombre al fondo" e
"Sólo yo se tu nombre", de Manane Rodríguez, que se comezará a rodar en Breve. Recentemente publicou o libro "Buñuel: Espejo y sueño", no que analiza a obra cinematográfica deste director español.
Actualmente está a preparar a súa terceira longametraxe, "León y Olvido".


Seis olladas

Durante o ano 2000 a cidade de Santiago de Compostela tivo o título de Capital Cultural de Europa. Esta celebración e a programación constante de actividades que se deron na cidade influiron en moitas das produccións artísticas e culturais do momento. Entre algunhas da produccións audiovisuais que se realizaron con motivo da capitalidade cultural están seis traballos de videocreación impulsados por CANAL+. Baixo o título xeral de "Seis olladas de Compostela" outros tantos realizadores tentaron recrear a esencia da capital compostelá. A estrea destes seis traballos fíxose dentro dunha programación televisiva especial que CANAL+ emitiu para festexar a capitalidade cultural no día festivo do 25 de xullo, baixo o título "Día de Santiago". "Os Peregrinos", de Xavier Bermúdez, é unha destas creacións. Outros realizadores como Isabel Coixet, Antón Reixa, Manuel Iglesias, Ricardo Boo e Manuel Palacios, asinan os demais traballos. O escritor Manuel Rivas actúa como prologuista do conxunto destas seis persoais visións sobre Santiago de Compostela aportando tamén el, a través da palabra, a súa propia visión sobre a cidade de pedra.

Agradecementos:
A presentación destas realizacións é posible gracias a INCOLSA e
O noso agradecemento especial os músicos Maxo Nóvoa e Coché Villanueva "BIOS"

 

 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000