NA ÓRBITA DA VANGARDA

Cada dous anos Lalín convértese no referente da arte. É a Bienal Laxeiro que este ano chega á súa V edición. Arte e vangarda son os principais obxectivos desta festa da arte que xurdeu en 1993 co cometido de loar e de homenaxear a unha da figuras da creación artística máis importantes de Galicia: Laxeiro.

Cadro: Xurxo García Peralta- Sen Título
O que é o primeiro observatorio astronómico de Galicia muda estes días os seus telescopios polos cadros e escultura. ESte é o escenario no que durante vintedous días os novos valores da arte exhiben as súas creacións dentro da Vª edición da Bienal Laxeiro de Lalín.

Lalín entra na vangarda
A casa-museo do astrónomo, Ramón María Aller Ulloa, acolle desde hoxe ata o vindeiro oito de xuño, unha nova edición da Bienal de arte. Unha das citas ineludibles coa arte en Galicia.
Moito máis nova que a Bienal de Arte de Pontevedra, organizada pola Deputación de Pontevedra e que leva xa vinteseis edicións realizadas, a Bienal de Lalín, pretende facerse un oco dentro do panorama artístico en Galicia.
Este ano o certame preséntase cunha vocación máis vangardista e internacional que nunca. Corenta e nove pintores, dezanove esculturas forman o cartel desta edición, no que destacan nome de artistas tan coñecidos como Gillermo Aymericho, Acisclo Novo, ou Manuel Lareo.
Desde Colombia ata Bos Aires, e desde Asturias ata Zamora, Valencia, ou Alemaña, o lugar de procedencia das obras desta V edición é bastante heteroxéneo. Unhas obras que foron escollidas por un xurado composto por D. Jesús Hernández Sánchez, D. Antón Castro, Dona Susana Cendán, actuando como presidente D. José Crespo Iglesias, como secretario D. Román Rodríguez González e como comisario D. Damían Salvador Payo Cangado (os tres últimos membros sen voto). A súa elección pretende amosar o estado da arte e da vangarda nas últimas creacións.


A bienal xurdíu como homenaxe ó pintor lalinense "Laxeiro"

Unha bienal, unha homenaxe repetida
En 1993 o Concello de Lalín e varios artistas do Deza elaboraron un proxecto que pretendía honrar ó gran pintor e mestre Xosé Otero Abeledo, "Laxeiro". Como resultado deste interese xurdíu un espacio que pretende aglutinar, cada dous anos, o máis relevante e vangardista das creacións pictóricas e escultóricas de Galicia. E van xa cinco edicións nas que se pretende que a vila natal de Laxeiro vexa crecer e fomentar o impulso dos novos valores que non atopan un circuito dentro dos ámbitos de exhibición. De feito, moitos dos creadores que espuxeron nas edicións anteriores, tiveron no capital do Deza o resorte que os elevou de promesas a novos valores dentro do panorama artístico.

Mostras e mesas redondas
O programa da Bienal que se acolle no Museo municipal de Lalín inclúe, ademais outra serie de actos, como son os coloquios e as mesas redondas. Discusións que xiran ó redor dun triple concepto: as palabras, a dialéctica e o universo simbólico das artes.



Consulta as obras que o xurado elexíu para esta edición

 

 

Cultura Galega.org
Inicio /Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000