As guías turísticas adoitan non facer mención,
ou facela someramente, da parte máis sinistra e recente da
historia destes illotes unidos por unha fermosa ponte de pedra.
A vista das marxes da ría e da desembocadura no mar que se
alcanza dende a Illa de San Simón, simbolizou durante anos
a libertade e a fin do sufrimento para moitos que estiveron recluidos
nos seus límites por seren fieis a unha España que
non era tal e como a entendían os seus carcereiros. Desde
1936 a 1943 centos de persoas chegaron á Illa de San Simón,
moitos deles non voltarían xamais á ribeira. Os fusilamentos,
a enfermidade, a inanición, a tortura e a desesperación
foron acabando con eles, poucos foron os que sobreviviron a ese
campo de concentración rodeado polo profundo e escuro muro
das ondas. O sufrimento e a dor tiveron neste pequeño anaco
de terra a súa patría durante anos.
portada
do libro que recolle
a documentación da investigación
AILLADOS foi un proxecto
de investigación no que participaron Antonio Caeiro, Juan
A. González e Clara Mª de Saá, para a realización
dunha reportaxe documental centrada nese período escuro das
illas. A idea da cinta xurdíu cando Antonio Caeiro coñeceu
a historia común de varios presos galegos recluidos en San
Simón durante a Guerra Civil e decide gravar a súa
testemuña. O documental usa a metodoloxía de Historia
oral, a Historia contada polos seus protagonistas. Durante os longos
oito anos que durou a investigación recolleuse moita información
gráfica e escrita e co fin de que non volvesen a quedar no
olvido decidiuse editalo nun libro que, baixo o mesmo título
de AILLADOS e co subtitulo de A MEMORIA DOS PRESOS DE 1936 NA ILLA
DE SAN SIMÓN, foi publicado pola editorial Ir Indo na súa
colección A Fraga. Agora estrease a versión definitiva
deste documental, que leva ás costas trece anos de traballo
desde o inicio das investigación en 1987. O presuposto, as
horas de traballo e os esforzos necesarios foron moito maiores dos
previstos nun principio. A colaboración da Universidade de
Santiago permitíu que a cinta puidese rematarse pero o traballo
de postproducción foi unha tarefa inxente pola que ate o
de agora non se puido finalizar este documental de case unha hora
de duración que conta cunha banda sonora orixinal composta
e orquestada por Arturo Solar. A documental ten unha páxina
propia en Internet que achega toda a información precisa
para achegarse a este traballo coñecendoo previamente, a
dirección da páxina de AILLADOS é www.escena.ya.com/aillados
As testemuñas que recolle esta documental fan un debuxo da
anguria á que sen vían sometidos aqueles homes recluídos
dentro dos límites da illa. Naquel sitio alonxado do resto
do mundo vivíanse constantes traxedias. As visitas nouturnas
para levar a alguén a facer os "paseos" dos que
nunca voltaban, a extorsión e a chantaxe como moeda de cambio
para a libertade dos presos preventivos eran esceas comúns
en San Simón. A sensación de inseguridade e o desexo
de liberdade provocaron algúns intentos de fuga, todos fracasaron
e remataron coa morte dos fugados, xa fora por afogamento durante
o fuga com por fusilamento tras ser collidos. Algunha das cousas
que alí pasaron quedaron gravadas na memoria dos supervivintes
cunha forza imposible xa de borrar, coma a imaxe da chegada dun
cargamento de centos de anciáns, prisioneiros que viñan
de outras cárceres, homes de máis de sesenta anos,
destrozados, sucios, derrotados. A vida dos anciáns naquelas
condicións de pouca comida e nula sanidade era algo máis
que precaria, facíase, para os supervivintes, do máis
lamentable de contemplar. Horas e horas de gravación destas
testemuñas foron perfilando a historia desenvolvida na illa
durante a súa utilización como Colonia Penitenciaria
polo exercito Nacional.
a
Illa de San Simón na Ría de Vigo fronte a san Pedro
de Cesantes
Historia
As
illas de San Simón, son dous pequenos illotes, situados na
enseada do mesmo nome, no fondo da ría de Vigo, fronte á
parroquia de San Pedro de Cesantes.
Segundo antigas
tradicións foron sede dun mosteiro benedictino destruído
nalgunha das razzias viquingas ou sarracenas que arrasaron as costas
galegas entre os séculos X e XII. Tamén sitúase
nelas a finais do século XII un mosteiro da Orde do Temple,
adicado a San Simón. Destes tempos é a fermosa cantiga
que o trobador Mendiño compuxo adicada á illa e que
é un dos máis fermosos textos da lírica medieval.
A presencia de distintas ordes relixiosas ó longo dos tempos
no mosteiro situado nas illas alternouse coas incursións
navais dos xa mencionados viquingos ou sarracenos e dos corsarios
ingleses e holandeses, que dende 1583, da man de Francis Drake,
ata 1719 caeron sobre elas en cada un dos seus ataques nas rías
galegas.
O 6 de
xuño de 1838, a raíña gobernadora María
Cristina concedía por "Real Orden" a súa "Real Gracia
para la construcción de un Lazareto (o segundo de España
adicado á leprosería) en la Isla de San Simón".Na
illa de San Antonio construiríanse outro peirao, un alboio
ou almacén de ventilación, un hospital sucio e un
cemiterio, sendo circundada toda a illa por unha parede de 10 pés.
Ámbalas dúas illas quedarían unidas dende entón
por unha ponte de pedra de tres arcos. Funcionaron as illas como
lazareto ata 1927. Durante
a II República, o goberno decidiu establecer nela un orfanato
dependente da mariña mercante, pero non chegou a funcionar
como tal pois en 1936, a raíz da sublevación militar,
foi convertido o conxunto en colonia penitenciaría, instalándose
a guarnición militar na illa de San Antonio e os reclusos
na de San Simón. As illas, que comezaran sendo un lugar de
reclusión voluntario para a contemplación e a reflexión
dos relixiosos, pasaban a ser un lugar de aillamento sanitario dos
leprosos, peligrosos para a sociedade pola posibilidade de contaxio,
e despois de reclusión forzosa para os disidentes co levantamento
fascista e o seu posterior réxime de dictadura.
Clausurada
a penitenciaría en 1943, permaneceu semiabandonada ata que
en 1948 foi destinada a Albergue Nacional, clausurado en 1950 con
motivo dun naufraxio no que perderon a vida corenta e tres membros
da "Guardia de Franco". O Catedrático de Historia Contemporánea
Xosé ramón Barreiro comenta, no libro AILLADOS este
derradeiro episodio negro con estas palabras: "Como nunha traxedia
antiga, o manso mar da Illa exerceu simbólicamente a súa
xustiza sobre algúns dos vencedores."
|