A única revista galega de BD profesional que sae
actualmente. O volume I, editado por Xerais, compúxose
de catorce números mensuais a toda cor. A revista
fechou por motivos ecónomicos en xuño de 2001,
ano e medio despois de sair á rúa. Ademais
de cómic, esta primeira etapa tiña en cada
número unha reportaxe monográfica e seccións
de correo, pasatempos, libros, videoxogos e internet. A
cabeceira foi recuperada por La Voz de Galicia como suplemento
semanal a partir do Día das Letras de 2002, e o volume
II resultante pasou a conter só BD. Con
Fausto Isorna como director artístico desde o inicio,
conta nas súas páxinas con algúns dos
mellores debuxantes de banda deseñada de Galicia.
Na
súa primeira época, Golfiño contiña
historias de Fausto, Pepe Carreiro, Fran Bueno, Norberto
Fernández, Varela Ferreiro, Andrés Meixide
e Xaquín Marín entre outros. A eles uníronse
na segunda época talentos da talla de Kiko da Silva,
David Rubín, Víctor Rivas, Primitivo Marcos
e Miguel Porto.
|