|  
      
     | 
     
       
         | 
     
         
      
         
           
            
              
                 
                   
                     
                        
                      frente comixario :::fz 
                   | 
                 
                 
                   
                    Entre 
                    os participantes no fanzine, nomes coma César Moreiras, 
                    Macaco, Miguelanxo Carballo, Moxón, Paradelo, Andrés 
                    Fortes, Robledo, Eduardo Meliñas, Xavi, Diego Domínguez, 
                    Alfredo González, Ermitas ou Henrique Torreiro. A publicación 
                    chegou a acadar un importante número de páxinas 
                    e unha tirada considerable, chegando a realizar a difusión 
                    a través dunha distriubuidora e chegando a toda Galicia. 
                    Contou desde o comezo co apoio da Casa da Xuventude de Ourense, 
                    que se viu comprometido despois do achegamento de parte do 
                    colectivo a posturas reintegracionistas. A dificultade en 
                    profesionalizar a revista e a integración á 
                    vida laboral de varios dos seus promotores provocou a súa 
                    desaparición. | 
                 
               
             
            
              
           | 
            
            
           | 
         
          
       
        |