Banda deseñada formato cartel editada
polo Concello de Vigo dentro do seu programa de prevención
do alcoolismo. Con Xenovnea e Mingos como protagonistas, as
historias retratan os efectos negativos do alcool nas máis
diversas situacións e ámbitos, desde o mal alento
á resaca ou o escaso rendemento da cama.
Rafa suárez é o encargado de facer os debuxos
destas historias. A serie comprende oito carteis.